Galicia: Tu Viaje, Tu Voz
Únete á transformación do turismo e contribúe ao seu futuro sostible
Diagnose Turismo de Galicia
O derradeiro trimestre de 2023 é o momento elixido para abordar un proceso de reflexión profunda, colectiva e rigorosa do Turismo en Galicia. Unha etapa caracterizada pola finalización do Plan Director de Turismo 2021 2023: Galicia Destino Seguro e a superación da crise sectorial derivada da pandemia e as súas restricións. Un período caracterizado con tendencias mais orientadas a sustentabilidade e con un predominio da utilización de ferramentas dixitais en todas as diferentes etapas dunha viaxe pondo de manifesto a necesidade dunha transformación na oferta turística dos destinos.
Enfoque da Diagnose
Este proceso de diagnose parte de tres grandes vectores como son a oferta (analizando polo miúdo os recursos de Galicia que constitúen parte da súa oferta diferencial) a demanda, co obxectivo de coñecer a súa evolución nos últimos exercicios e a cadea de valor turística de Galicia, delimitando o sector turístico desde un punto de vista empresarial.
Oferta Turística Detallada
Análise da
Demanda
Cadea de Valor Empresarial
A túa voz é importante !
Por outra banda, este proceso de reflexión entendese de forma participada e colectiva. A través de mesas de traballo distribuídas por toda a xeografía galega desenvólvense diferentes dinámicas a través das cales as persoas asistentes poden poñer en común o seu parecer e opinión. O obxectivo é identificar cuestións relevantes a ter en conta no Diagnóstico do territorio e que dito proceso precisa a aportación de todos.
Co obxectivo de dar cabida a toda aquel profesional ou persoa do sector turístico que queira participar, pomos a disposición a través dun cuestionario online no que recoller a súa visión e suxestións.
Por outra banda contarase co aval científico das Universidades participando as Universidades de A Coruña, Santiago e Vigo coa coordinación da a Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia
En definitiva un proceso no que todos os integrantes do sector poderemos aportar a nosa visión para coñecer e diagnosticar a situación do sector en Galicia