INFORMACIÓN XERAL
O enderezo URL https://diagnoseturismo.gal/ do sitio web é un dominio rexistrado pola Xunta de Galicia.
Esta páxina ten un propósito informativo e exclusivo de uso profesional, co obxectivo de facilitarlle ao público o coñecemento dos produtos e os servizos xurídicos ofrecidos. O acceso ao sitio web é, en principio, gratuíto, sen prexuízo de que a contratación de produtos ou servizos a través do sitio web poida estar suxeita a unha contraprestación económica.
O usuario comprométese a non utilizar o sitio web nin a información que proporciona para a realización de actividades contrarias á lei, á moral ou á orde pública, e a respectar as condicións de uso establecidas pola Xunta de Galicia.
PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
A Xunta de Galicia é titular dos dereitos de propiedade intelectual sobre o contido deste sitio web, incluíndo, de xeito enunciativo e sen limitacións, o deseño gráfico, os códigos, as fontes, os textos, as imaxes, os vídeos, as marcas, os logotipos ou os signos distintivos.
Prohíbese a modificación, copia, reprodución, descarga, transmisión, distribución ou transformación dos contidos do sitio web, se non se dispón da autorización do titular dos correspondentes dereitos por escrito. En calquera caso, debe mencionarse a orixe do contido cando se usa, así como o seu autor.
A lesión, por parte de terceiros, dos dereitos de propiedade intelectual ou calquera outro dereito sobre o contido deste sitio web, titularidade da Xunta de Galicia, dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas.
CONTIDO WEB E LIGAZÓNS
A información contida neste sitio web pode non ser correcta. Por iso, a Xunta de Galicia non se responsabiliza de calquera dano ou perda, directos ou indirectos, que poida ocasionar a exactitude, integridade ou veracidade da devandita información, así como tampouco do uso por terceiros do contido deste sitio web, nin dos posibles erros no acceso a esta. Ao mesmo tempo, a Xunta de Galicia resérvase o dereito a suspender temporalmente a accesibilidade ao sitio web cando sexa necesario, sen necesidade de previo aviso.
O acceso a este sitio web é responsabilidade exclusiva do usuario, e supón aceptar e coñecer as advertencias legais, condicións e termos de uso contidos nel. A persoa usuaria garante a autenticidade e a veracidade dos datos que comunique, tanto ao cubrir os formularios de rexistro como en calquera outro momento, e será responsabilidade súa a actualización da información subministrada, de tal forma que reflicta a súa situación real. Así mesmo, será responsable da inexactitude ou falta de veracidade da información proporcionada.
A persoa usuaria comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e os servizos que a Xunta de Galicia ofrece a través do seu portal e con carácter enunciativo, pero non limitativo, a non empregalos para ningunha destas accións:
- incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias ao ben público e á orde pública;
- difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou ataque contra os dereitos humanos;
- causar danos aos sistemas físicos e lóxicos da entidade de creación do sitio web, aos seus fornecedores ou a terceiras persoas, e introducir ou difundir na rede virus informáticos, ou calquera outro sistema físico ou lóxico susceptible de causar os danos mencionados;
- tentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico doutros usuarios e modificar ou manipular as súas mensaxes.
A Xunta de Galicia resérvase o dereito de retirar todos os comentarios e contribucións que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a mocidade ou a infancia, a orden ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resulten axeitados para a súa publicación.
En calquera caso, a Xunta de Galicia non será responsable das opinións expresadas polas persoas usuarias a través dos foros, chats ou outras ferramentas de participación.
Este sitio web contén ligazóns a páxinas externas, cuxos contidos non son responsabilidade da Xunta de Galicia (polo que será responsabilidade da persoa usuaria rexerse polos termos e condicións de utilización das páxinas consultadas), como tampouco o é nin do mal uso nin as actividades contrarias á lei, a moral ou a orde pública que realicen os usuarios nas devanditas páxinas.
Ao mesmo tempo, o establecemento de calquera hiperligazón desde unha páxina web deberá efectuarse á páxina principal e quedará prohibida a reprodución total ou parcial dos servizos contidos no sitio web da entidade.
MODIFICACIÓNS DOS TERMOS E CONDICIÓNS DE USO. EXENCIÓN DE RESPONSABILIDADE
As presentes condiciones xerais e as particulares que eventualmente poidan establecerse, e coa redacción que presenten en cada momento, teñen unha duración indefinida, e permanecerán en vigor mentres o portal continúe activo. A Xunta de Galicia resérvase, en todo caso, o dereito unilateral de modificar as condicións de acceso a estas, así como o seu contido.
A persoa que accede ao sitio web acepta e está obrigada ao cumprimento das seguintes condicións de uso: comprométese a utilizar os servizos e informacións que se ofrecen no sitio web na forma que se presentan, sen modificar os contidos e para o seu uso exclusivo, sen poder ceder en ningunha forma, nin notificalos a ninguén e queda obrigado a utilizalos no seu propio e único interese na forma que corresponde segundo a natureza dos contidos.
A persoa usuaria comprométese a empregar as súas claves de acceso (nome e contrasinal) en exclusiva como titular destas, e a súa custodia, confidencialidade e correcta utilización son da súa responsabilidade. A Xunta de Galicia resérvase o dereito a modificar estas condicións xerais en calquera momento e sen previo aviso, polo que o usuario está obrigado a revisar as presentes condicións xerais cada vez que acceda ao sitio web.
As persoas usuarias son conscientes e aceptan voluntariamente que o emprego da páxina e dos servizos e os contidos ten lugar, en todo caso, baixo a súa única e exclusiva responsabilidade.
A Xunta de Galicia queda exenta de calquera tipo de responsabilidade por danos e perdas de toda natureza nos seguintes casos, sen carácter limitativo:
- Pola imposibilidade ou dificultade de conectarse á rede de comunicacións a través da que resulta accesible este sitio web, independentemente da clase de conexión utilizada polo usuario.
- Pola interrupción, suspensión ou cancelación do acceso ao sitio web, así como por dispoñibilidade e continuidade do funcionamento do sitio ou dos seus servizos ou contidos, cando se deba ben á interrupción do servizo polo mantemento técnico da web ou ben a unha causa allea ao ámbito de control da nosa empresa, xa proveña directa ou indirectamente desta.
- Pola calidade ou rapidez de acceso ao sitio e polas condicións técnicas que deben reunir ao usuario para poder acceder ao sitio e aos seus servizos ou contidos.
- Pola existencia de virus ou outros elementos que poidan producir cambios no sistema informático dos usuarios ou en documentos electrónicos ou ficheiros alí almacenados.
- Pola perda que poida sufrir o usuario ou un terceiro como consecuencia de que outras persoas usen o seu contrasinal, tanto co seu coñecemento como sen el.
LEXISLACIÓN E XURISDICIÓN APLICABLES
As presentes condicións de uso réxense pola lei española, polo que as partes deben someterse á xurisdición dos xulgados e os tribunais da cidade de Santiago de Compostela, en caso de disputa ou controversia relacionada coa aplicación ou a interpretación destas.
LITIXIOS EN LIÑA
En cumprimento co deber de información en materia de resolución de litixios en liña conforme ao art. 14.1 do Regulamento (UE) 524/2013, informamos de que a Comisión Europea facilita unha plataforma de resolución de litixios en liña que se atopa á súa disposición na seguinte ligazón: http://ec.europa.eu/consumers/odr/ »